viernes, 27 de febrero de 2009

Unha excelente profesional e mellor amiga, tivo a boa idea de traballar cos seus alumnos temas relacionados coa xeografía e, por antroido, fixeron un orixinal globo terráqueo. Como era de esperar, xurdiron decenas de preguntas... ás que haberá que darlles resposta. A vindeira semana verémonos cos peqenos/as xeógrafos/as para satisfacer a súa curiosidade. Imos empregar Google Earth, xa que según me conta Cuchi -a súa mestra- teñen unha lista de sitios que visitar.
Como adianto, un vídeo sobre como se constrúen os globos de xeito industrial (moito menos orixinal que o voso)

martes, 24 de febrero de 2009

O vindeiro luns 9 de marzo daremos comezo ao módulo sobre didáctica da Xeografía no CFR de Ourense. Serán tres sesións nas que se poñerá o acento nas novos territorios que procura o universo dixital ao ensino-aprendizaxe da xeografía. Unha exploración que nos dará a coñecer ferramentas, escenarios e estratexias extremadamente útiles e que, para algúns, representan un novo paradigma xeográfico.
Ao longo de tres sesións, traballaremos xuntos sobre blogs, wikis, visualizadores xeográficos, atlas virtuais...
Vémonos.