viernes, 27 de febrero de 2009

Unha excelente profesional e mellor amiga, tivo a boa idea de traballar cos seus alumnos temas relacionados coa xeografía e, por antroido, fixeron un orixinal globo terráqueo. Como era de esperar, xurdiron decenas de preguntas... ás que haberá que darlles resposta. A vindeira semana verémonos cos peqenos/as xeógrafos/as para satisfacer a súa curiosidade. Imos empregar Google Earth, xa que según me conta Cuchi -a súa mestra- teñen unha lista de sitios que visitar.
Como adianto, un vídeo sobre como se constrúen os globos de xeito industrial (moito menos orixinal que o voso)

martes, 24 de febrero de 2009

O vindeiro luns 9 de marzo daremos comezo ao módulo sobre didáctica da Xeografía no CFR de Ourense. Serán tres sesións nas que se poñerá o acento nas novos territorios que procura o universo dixital ao ensino-aprendizaxe da xeografía. Unha exploración que nos dará a coñecer ferramentas, escenarios e estratexias extremadamente útiles e que, para algúns, representan un novo paradigma xeográfico.
Ao longo de tres sesións, traballaremos xuntos sobre blogs, wikis, visualizadores xeográficos, atlas virtuais...
Vémonos.

martes, 23 de septiembre de 2008

A primeira clave é que sexa o alumnado quen protagonize as aprendizaxes. Aprehender o globo a través do rato é unha "sensación" nova, que non debemos desaproveitar.
A lóxica da linguaxe cartográfica, por primeira vez na súa dilatada historia, cede o protagonismo ao usuario. Sera él quen decida a escala de análise, a perspectiva, os atributos analizados... Podemos ser productores de mapas e non só lectores pasivo de productos cartográficos.
É hora de facer o esforzo de repensar as estratexias de ensino-aprendizaxe da xeografía e das regras da linguaxe cartográfica nun escenario novo: o espacio dixital.

viernes, 19 de octubre de 2007


Un dos aspectos máis característicos do ensino xeográfico é o entorno. O noso contorno como recurso e, por suposto, a aldea global. A Xeografía é unha materia na que a axeitada lectura das imaxes, xoga un papel esencial. Temos que ensinar a ler as imaxes

A pregunta é si o espazo dixital facilita esta tarefa....


Benvidos/as

Ao longo de tres sesións de traballo imos abordar aqueles retos que hoxe ten diante a Xeografía como materia no Ensino Obrigatorio e Bacharelato.


O primeiro obxectivo é examinar as metodoloxías e estratexias de aula.


De seguido, entraremos no universo da Web 2.0 e as súas implicación na didáctica da xeografía,

facendo unha pequena parada nunha metodoloxía de traballo colaborativo: as WebQuest.


E, por ultimo, a cartografía dixital, novas ferramentas, novos escenarios para expresarse a traves dos mapas. Analizaremos as posibilidades do Google Earth no ensino xeográfico.